19/03/2014

Anova descomponse após o pacto europeu con IU

Javier Caso Iglesias, activista social e analista político, artigo tirado do blogue Pasión por la dialéctica (aquí). Tradución À revolta entre a mocidade.


Os cabezallos dos xornais son moi elocuentes: "A dirección de Anova descomponse após optar por ir ás europeas con IU". "Dez dirixentes deixan Anova polo "erro" do pacto europeu con IU".

Isto é algo que se vía vir. IU estará fretando as mans polo suceso conseguido. Logrou fracturar Anova, un dos poucos referentes políticos que tiñamos os espazos cidadáns de ruptura.

O erro de Anova foi ir no carro doutros e non desenvolver a súa propia estratexia de Frente Ampla non excluínte [aprovada na I AN e ratificada pola Cordenadora Nacional en setembro e decembro; N.T.], estendéndoa ao ámbito estatal; no canto de postularse para meter a cabeza en candidaturas alleas e ir de convidado de pedra en troques dun europarlamentario.

Se Podemos segue o mesmo camiño que Anova equivocarase. IU representa o pasado, todas as súas refundacións foron un quero e non podo, cantos de serea que non remataron de chegar a bo porto; pois IU ten un modelo de relacións entre organizacións e persoas que só leva a un estado de confrontación permanente e a súa vida interna remito para confirmar isto. É poliárquico e hexemónico até resultar asfixiante. Ou se lle fai mudar de verdade, o que terá que demostrar na súa praxe, ou toda relación con IU rematará contaminada e nun desastre semellante ao vivido por Anova.

A cultura de IU é moi penosa e non chega, como digo, a ningunha parte. É o culto do aparato [habitualmente confúndese aparato e burocracia, véxanse aquí as diferenzas; N.T.]. Non se traballa por empoderar á cidadanía nin por darlle protagonismo.

Acredito que Anova perdeu grande parte da credibilidade que tiña para algúns de nós. Beiras, en vez de mediar no conflito aberto e procurar consensos, inclinouse en favor dunha parte. No entanto, e para non perder a esperanza, diremos aquelo que expresa o refrán popular: Non hai mal que cen anos dure.

Nenhum comentário: