01/04/2012

A era dos parvos

The Age of Stupid está baseada en recortes, documentais e noticias auténticas da época actual e en predicións científicas aceptadas polos principais estudiosos do cambio climático. É unha obra de arte que nos confronta coa oportunidade irrepetíbel que temos para cambiar o destino actuando xustamente agora, e xóganos á cara unha forte provocación mostrándonos que non estamos a facer absolutamente nada para corrixir o rumbo. Deixa unha desgarradora pregunta aberta: "Será seica que non merecemos salvarnos?". Houbo especies que se extinguiron por cataclismos naturais, mais o ser humano posúe a capacidade de darse conta da situación, e con todo continuamos a paso firme cara ao abismo. Por tal motivo as civilizacións do futuro considerarán a esta época como "A Era dos parvos".

Nenhum comentário: