19/03/2012

Beiras chama a secundar a greve: «Ou son uns ignorantes ou non teñen escrúpulos»

Nova tirada de aquí.



O portavoz do Encontro Irmandiño, Xose Manuel Beiras compareceu publicamente esta mañá en Santiago de Compostela para mostrar o seu apoio á convocatoria de greve xeral do próximo 29 de marzo. Trátase da primeira comparecencia de Beiras desde que a súa formación saíu do Bloque a mediados do pasado mes. O histórico dirixente considera que a reforma laboral é inconstitucional e que se está aplicando unha política que vulnera sistematicamente os principios elementais da Xustiza social. «A política económica que está a aplicar é aberrante», dixo esta mañá.

Beiras mostrouse especialmente critico co actual equipo de Mariano Rajoy. «Ou son uns ignorantes ou non teñen escrúpulos». O líder dos irmandiños retomou unha recente frase de Arcadi Oliveres na que recordaba que estamos en mans de delincuentes.

Nenhum comentário: