18/11/2011

A Xunta desactiva a tarxeta sanitaria dun utente ao esgotar a prestación por desemprego

Tirado de Cadena Ser e traducido por nós para o galego (en castelán aquí, onde se incluín testemuños sonoros dunha afectada Mercedes Amaral e Maria Seijo da CIG).

O sindicato CIG denunciou que desde o pasado l0 de setembro cando unha persoa esgotou o subsidio de desemprego e leva un ano sen traballar non ten dereito, ao menos nun prazo de sete meses, á Seguranza Social. Non será atendida nen polo médico de cabeceira e terá que pagar os medicamentos. La Xunta desactiva su tarjeta sanitaria sin previo aviso, segundo testemuñas que  achegou  o sindicato nacionalista. 

Se a persoa acude a Urxencias ten que asinar un escrito co compromiso de que van pagar a atención recebida. Os afectados enteraranse da súa situación cando acudan ao seu médico de cabeceira. A primeira consulta de atención primaria ronda os 62 euros e a maioría dos afectados, sen recursos, acude a organizacións humanitaria; ou sexa, pasamos do estado do benestar onde a sanidade é universal a un estado de beneficiencia como nas peores épocas pasadas do Estado español.

Na Galiza hai 65.000 familias que poden estar nesta situación. A candidata do BNG ao Congreso, Dores Martínez, apoiou coa súa presenza esta denuncia da CIG.

Nenhum comentário: