28/03/2011

A Franza estaba preparando o derrocamento de Kadhafi desde novembro

Franco Bechis. Artigo tirado de aquí e traducido por nós. Como se verá o artigo é abondo polémico e controvertido, sen pretender caer en ningunha conspiranoia achamos que é un punto de vista que pode gardar a súa boa dose de realidade, especialmente cando os acontecementos do 11 de setembro nas Tores Xemelgas foran aprobeitados como casus belli para lanzar a ofensiva dun "novo século americano", o que fica fóra xa de toda dúbida. O carácter da invasión e dos rebeldes tamén se vai disipando após asinar estes un acordo petrolífero con Qatar (que enviou tropas para a invasión) ou após coñecermos que eles mesmos recoñecen a participación de Al-Qaeda dentro das súas tropas (aquí e aquí). Igualmente recomendábel é este artigo publicado recentemente neste espazo (através do site do Encontro Irmandiño) centrado en Libia. Ollado desde a Galiza e cunha perspectiva que encadra o conflito no sistema-mundo e na crise terminal da hexemonía norteamericana recomendamos o artigo dominal de Xosé Manuel Beiras (aquí). Tamén o que escrebe estas liñas publicou un artigo na mesma dirección (aquí) que contén referencias a outros artigos relacionados sobre a cuestión e que conforman un interesante dossier sobre a cuestión (vid. aquí e aquí). Boa leitura e mellor reflexión.

http://www.voltairenet.org/IMG/jpg/1-2612-2.jpg

Segundo o xornalista da dereita liberal italiana Franco Bechis, os servizos secretos franceses prepararon a revolta de Benghazi desde novembro de 2010. Como sinala Miguel Martinez no sitio web progresista ComeDonChisciotte, estas revelacións, alentadas polos servizos secretos italianos, deben interpretarse como unha mostra de rivalidade no seo do capitalismo europeo. A Rede Voltaire precisa que París rapidamente asociou Londres ao seu proxecto de derrocamento do coronel Kadhafi (forza expedicionaria franco-británica). O plan foi modificado no contexto das revolucións árabes e Washington tomou entón o control do mesmo impondo os seus propios obxectivos (contrarrevolución no mundo árabe e desembarco do AfriCom no continente negro). A actual coalición é por tanto o resultado de ambicións diversas, o cal explica as súas contradicións internas.

Primeira etapa da viaxe, 20 de outubro de 2010, Tunes. Alí descendeu dun avión de Libyan Airlines, con toda a súa familia, Nuri Mesmari, o xefe de protocolo da corte do coronel Muamar al-Kadhafi. Trátase dun dos grandes papagaios do réxime libio e estivo desde sempre xunto ao coronel.

Era o único, xunto co ministro de Relacións Estranxeiras Mussa Kussa, que tiña acceso directo á residencia de Kadhafi sen ter que tocar a porta antes de entrar. Era o único con dereito a pasar o limiar da suite 204 do vello círculo oficial de Benghazi onde o coronel libio recibiu con todas as honras ao primeiro ministro italiano Silvio Berlusconi durante a visita oficial a Libia.

A visita de Mesmari a Tunes non dura máis que unhas horas. Non se sabe con quen se reúne na capital, onde xa se percibe o murmurio de revolta contra Bel Ali. Hoxe sábese con certeza que durante esa estancia Mesmari estabelece os contactos para o que vai converterse, a mediados de febreiro, na rebelión da rexión de Cirenaica. E prepara a estocada contra Kadhafi buscando e obtendo alianzas en dúas frontes. O primeiro é o da disidencia tunisiana. O segundo é o da Franza de Nicolas Sarkozy. Dúas alianzas que estabelece con éxito.

Así o demostran documentos da DGSE, o servizo secreto francés, e unha serie de noticias sensacionais que circularon nos medios diplomáticos franceses a partir do boletín confidencial Maghreb Confidential (do cal existe unha versión sintetizada e accesible mediante pago).

Mesmari chega a París ao día seguinte, o 21 de outubro. Xa non se moverá de alí. En Libia, Mesmari non ocultara a súa viaxe a Francia xa que levaba con el a toda a súa familia. A versión é que vai a París para someterse a un tratamento médico e probabelmente a unha intervención cirúrxica. Pero xamais verá a ningún médico. En troques, se verá, e todos os días, a varios funcionarios dos servizos secretos franceses.

A reunión.
http://www.voltairenet.org/IMG/jpg/1-2613-2.jpg
El antigo camarada de Kadhafi, Nuri Masud El-Mesmari, desertou en 21 de octubre de 2010. Atópase actualmente baixo a protección dos servizos secretos franceses.    
Está comprobado que estreitos colaboradores do presidente francés foron vistos a principios de novembro mentres entraban no hotel Concorde Lafayette de París, onde reside Mesmari. O 16 de novembro, unha fileira de autos azuis mantense ante o hotel. Unha longa e concorrida reunión ten lugar na suite de Mesmari. Dous días despois, unha nutrida e estraña delegación francesa sae para Benghazi. Compona funcionarios do ministerio de Agricultura, dirixentes de France Export CéréalesFrance Agrimer, dirixentes de Soufflet, de Louis Dreyfus, de Glencore, de Cani Céréales, Cargill e Conagra e de .

Nos papeis, trátase dunha delegación comercial encargada de obter, precisamente en Benghazi, importantes pedidos libios. Pero o grupo inclúe tamén varios militares franceses camuflados como homes de negocios.

En Benghazi van reunirse cun coronel da aviación libia cuxo nome lles proporcionou Mesmari: Abdallah Gehani. O home está por encima de toda sospeita, pero o ex xefe de protocolo de Kadhafi revelou que Gehani está disposto a desertar e que ten tamén bos contactos coa disidencia tunisiana.

A operación desenvólvese no maior secreto, mais algo se filtra e chega a oídos dos homes máis próximos a Kadhafi. O coronel sospeita algo. O 28 de novembro asina unha orde internacional de arresto contra Mesmari. A orde chega tamén a Franza a través das canles protocolares. Alarmados, os franceses deciden acatar a orde de arresto de maneira formal.

Catro días despois, o 2 de decembro, a noticia fíltrase precisamente desde París. Non se dan nomes, pero revélase que a policía francesa arrestou a un dos principais colaboradores de Kadhafi. Ao principio, Libia sente tranquila novamente. Até que se decata de que Mesmari está en realidade baixo arresto domiciliario no seu suite do hotel Concorde Lafayette. Kadhafi empeza a molestarse.

A cólera de Kadhafi.

http://www.voltairenet.org/IMG/jpg/1-2629.jpg

Cando chega a noticia de que Mesmari solicitou oficialmente asilo político en Francia, estala a cólera de Kadhafi, quen ordena o retiro de pasaportes, mesmo ao propio ministro de Relacións Exteriores Mussa Kussa, acusado de ser responsábel da deserción de Mesmari. Despois trata de enviar aos seus homes a París, con mensaxes para o traidor: «Regresa. Serás perdoado». O 16 de decembro, é Abdallah Mansur, xefe da televisión libia, quen trata de facer chegar a mensaxe. Os franceses detéñeno á entrada do hotel. Outros libios chegan a París o 23 de decembro. Son Farj Charrant, Fathi Bukhris e Alla Unes Mansuri.

Coñecerémolos mellor despois do 17 de febreiro, porque son precisamente eles quen, xunto á o Hadji, dirixirán a revolta de Benghazi contra as milicias do coronel.

Os franceses autorizan a este tres personaxes a saír a cear con Mesmari nun elegante restaurante dos Campos Elíseos. Tamén participan na cea varios funcionarios da presidencia da República Francesa e algúns dirixentes dos servizos secretos franceses. Entre o Nadal e o Día de Ano Novo aparece no boletín Maghreb Confidential a noticia de que Benghazi se atopa en ebulición -cousa que ninguén sabe aínda- e tamén aparecen varias indiscrecións sobre certas axudas loxísticas e militares que parecen chegar á segunda cidade libia, axudas provenientes precisamente da Franza. Xa está claro que Mesmari se convertera nun instrumento en mans de Sarkozy, quen trata de sacar a Kadhafi de Libia. O boletín confidencial sobre o norte de África comeza a filtrar os contidos desta colaboración.

Mesmari gáñase o alcume de «Libyan Wikileak» porque revela un tras outro os segredos da defensa militar do coronel e conta todos os detalles sobre as alianzas diplomáticas e financeiras do réxime, trazando incluso un verdadeiro mapa da distribución dos sectores en desacordo e das forzas que se atopan no terreo. A mediados de xaneiro, Franza ten en man todas as chaves para tratar de derrocar ao coronel. Pero prodúcese unha filtración. O 22 de xaneiro, o xefe dos servizos secretos na rexión de Cirenaica, fiel a Kadhafi, o xeneral Audh Saaiti, arresta ao coronel de aviación Gehani, quen traballa en segredo para os franceses desde o 18 de novembro.

O 24 de xaneiro, Gehani é enviado a unha prisión en Trípoli, acusado de crear en Cirenaica unha rede social que eloxiaba a oposición tunisiana contra Ben Ali. Pero é demasiado tarde. Gehani xa tiña preparada a revolta de Benghazi, cos franceses.

Nenhum comentário: