30/11/2010

A banca ética cólase na presentación da nova caixa galega

Nova tirada de aqui. Raul Asegurado é o presidente de Fiare Galiza, colectivo constituído a comezos de ano. Asegurado acudiu esta mañá canda cámara de Tingalaranga á pomposa cerimonia de lanzamento da nova entidade de crédito no Centro Galego de Arte Comtemporánea (CGAC).



O obxectivo de Fiare é a creación e consolidación dun sistema estatal alternativo ao actual modelo financeiro, dominado por grandes corporacións privadas e no que as caixas, entidades semipúblicas, perden peso e corren risco de ser absorbidas polos bancos na culiminación da reforma do sistema bancario que pactaron PP e PSOE a nivel estatal.

O BNG non participa na cerimonia do CGAC

Transparencia informativa e carácter non lucrativo son dúas das premisas de Fiare. Dous conceptos que lle deben parecer chinés a Mauro Varela e Julio Fernández Gayoso, os próceres de Caixa Galicia e Caixanova que o luns presentaron a nova entidade arroupados cunha enorme cobertura mediática e a presenza do presidente da Xunta e do líder PSdeG.

Non acudiron representantes do Bloque, que finalmente se abstivo na votación final sobre a fusión, pois entende que non existen garantías de abondo de que a nova caixa sexa pronto devorada por un gran banco.

Asegurado explica que unha das diferenzas chaves de Fiare co modelo actual é que a banca ética nace da suma de intereses dos cidadáns, fronte a banca tradicional, apoiada polo Estado e as clases máis ricas.

En proceso de constitución

Ademais, segundo activista, as entidades convencionais non lle dan voz realmente a quen deposita nelas os aforros. “Ningún cliente de Caixanova ou Caixa Galicia pode realmente decidir onde vai parar o seu capital aforrado, Caixanova ou Caixa Galicia pode investir en industria militar ou contaminante”, argumenta.

O presidente desta banca ética asegura que Fiare “intenta por vez primeira no territorio español que a cidadanía poida decidir onde investir o seu capital”. Asegurado conta como Fiare está aínda a recoller capital social para cumprir coas normas do Banco do España e constituírse en cooperativa de crédito. Máis información sobre o prexecto en Fiare.org

Nenhum comentário: